Inicio Eventos XXXVII Curso de Saúde Ambiental – II Congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde

XXXVII Curso de Saúde Ambiental – II Congreso Galego de Medio Ambiente & Saúde

por SESA
2,2K vistas

OBXECTIVOS

  • Establecer un foro de debate e estudo da situación ambiental de Galicia, dos seus problemas e carencias que se consideran máis importantes, así como das posibles solucións que se deberán adoptar; ademais de permitir a cooperación e o diálogo entre todos os axentes sociais implicados no tema, fomentando a creación de núcleos de sostibilidade.
  • Integración da dimensión dos aspectos ambientais da saúde na formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, coa finalidade de actualizar a súa formación e adecuar as esixencias que demanda a sociedade actual, para que contribúa a mellorar a xestión e as condicións de vida urbana dos cidadáns.

DESTINATARI@S

  • Técnic@s, funcionari@s e responsables políticos da Administración Local, Provincial e Autonómica, que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
  • Profesorado da Universidade, de Ensino Secundario e Formación Profesional que desenvolva a súa actividade ou estea relacionado/interesado nas áreas obxecto de estudo.
  • Técnic@s e xestores de empresas que desenvolvan a súa actividade nos departamentos de calidade, medio ambiente e prevención de riscos laborais.
  • Profesionais libres, titulados superiores e diplomados, técnicos superiores e de grao medio que desenvolvan a súa actividade ou estean relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.
  • Estudantes universitarios e dos ciclos formativos de formación profesional relacionados/interesados nas áreas obxecto de estudo.

METODOLOXÍA

  • Conferencias inaugural e monográficas, sesións plenarias e comunicacións técnicas configuran a estrutura do curso/congreso, nas que os relatores farán unha exposición sintética de carácter técnico acompañadas de casos prácticos e co apoio de medios audiovisuais (power point), cun debate ao remate de cada sesión, no que tamén intervirán activamente os participantes amosando as súas experiencias.
  • Paseo pola cidade da Coruña, coordinado e guiado polo Servizo de Medio Ambiente do Concello da Coruña, onde se mostrarán accións ambientais sobre un ecosistema urbano nun marco de sostibilidade.

Descargar el Programa (PDF).
Descargar el Boletín de Inscripción (DOC).

Publicaciones Relacionadas